Vigo, cidade moderna e cosmopolita é a cidade que medrou máis durante o século XX, pero soubo manter a súa cultura e tradición conservando a súa propia identidade. A continuación propoñemos algúns lugares de referencia que non podes deixar de visitar, e un completo listado de Museos:
O Centro Histórico - "O Casco vello" de Vigo
No centro da cidade, cerca do mar, atópase o casco vello. "O Casco Vello " alberga recunchos de obrigada visita como o antigo barrio de pescadores do Berbés, a rúa dos cesteiros, a praza da Constitución, a rúa Real, o " Mercado da Pedra ", a rúa das ostras, a concatedral de Vigo de estilo neoclásico.
O barrio de Bouzas
Bouzas ten praias, paseo marítimo, ruta para bicicletas, casco histórico, porto deportivo, porto pesqueiro , astilleiros , bares e restaurantes con excelentes ofertas.
O Castro
Está situado no centro de Vigo, e é un dos parques máis visitados, sobre todo polos turistas. No alto do parque atópase a fortaleza amurallada do século XVII que gracias a súa privilexiada situación, permite observar unhas preciosas vistas de Vigo e da súa ría. Na zona baixa da ladeira norte pódense visitar as escavacións arqueolóxicas dun castro da idade de ferro.
Quiñones de León
Os xardíns do pazo Quiñones de León trazáronse a finais do século XIX. Nestes xardíns de gran beleza pódense observar cinco partes ben diferenciadas: o xardín de acceso, a rosaleda, o xardín francés, o xardín inglés (ou "pradeira de té") e nos xardíns posteriores o bosque. O xardín francés chegou a compararse cunha reproducción a escala dos de Versalles. O seu trazado, de gran beleza é visita inescusable.
Castrelos
Cunha extensión de 22000 m2, o parque de Castrelos, é o parque urbano máis grande de Vigo. O lugar perfecto para o ocio na cidade: auditorio de concertos ó aire libre, lago artificial con aves acuáticas, zonas de paseo, parques infantís, zonas de descanso e moito espacio para facer deporte. O parque atópase poboado de grande cantidade de especies de árbores e arbustos.
Outros Parques e Xardíns
A Alameda é un parque histórico da cidade construído a finais do século XIX .Magníficas esculturas do artista Xosé Luís Medina e do escultor galego Camilo Nogueira poboan a Alameda.
Na parroquia de Teis e en posición privilexiada xunto á Ría, atópase o parque da Guía coroado pola igrexa do seu mesmo nome. Este parque é un espacio natural con xardíns e bosques de piñeiros e carballos e unhas magníficas vistas de toda a Ría de Vigo. Moi cerca está o parque da Riouxa, deseñado polo famoso arquitecto Ricardo Bofill.
Segue >
|