A Cidade | O Entorno | As Praias | O Porto | As Illas Cíes | As Festas    

LISTADO DE MUSEOS DE VIGO

MUSEO MARCO : O museo de arte contemporánea de Vigo ten unha colección especializada na arte contemporánea española e latinoamericana posterior os anos 80. Está situado na rúa Príncipe nº 54, en pleno centro. Permanece aberto de Martes a Sábado de 11:00h a 20:00 h.

MUSEO VERBUM : Verbum é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados ca comunicación humana, deseñado como un espacio cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar de un modo activo nos elementos expositivos. Sitúase na Avenida de Samil nº 17 e abre de Martes a Domingo entre as 10:00 e as 19:00 h.

MUSEO DO MAR DE GALICIA : O centro ten funcións divulgativas, docentes, investigadoras e recreativas. O seu deseño parte dos máis modernos conceptos sobre a actividade museística integrándose no seu entorno mariño. Entre as súas instalacións destacan o seu acuario (de futura construcción), o seu peirao mariñeiro e seu faro. Podémolo atopar na Avenida Atlántida 160 e permanece aberto de Martes a Sábado de 10:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h. (Venres e Sábado ata as 23:30), e os Domingos ten un horario continuo de 10:00 a 22:00 h.

CENTRO CULTURAL CAIXANOVA : Aloxado na xoia arquitectónica de Antonio Palacios, o edificio Teatro García Barbón situado na Avenida co mesmo nome, o Centro Cultural Caixanova é un dos mellores Centros Culturais de España. Este centro acolle a arte e a cultura no seu máximo esplendor: ópera, teatro, concertos, cine, exposicións de arte, conferencias, danza, lectura. Consulte que programa está previsto para esta semana.

CENTRO SOCIAL CAIXANOVA : Máis de 5.000 metros cadrados en pleno centro da cidade dedicados a obras sociais, culturais e de axuda á empresa. Na sala Naturnova poderás coñecer de forma activa o Universo, noso planeta e o medio ambiente. Ademais alberga unha mostra da colección Caixanova, a colección de arte galego máis importante do mundo.

MUSEO LISTE : Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das que o visitante recorre os oficios artesanais galegos, a cultura do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e o arte de curar.

Atópase situado na Rúa Pastora nº 22 detrás del Pavillón de Deportes de Travesas. Permanece aberto de Martes a Sábado de 11:00 a 14:00h. e de17:00 a 19:00 h.

MUSEO QUIÑONES DE LEÓN : Situado nun pazo de gran beleza presenta unha das mellores pinacotecas de artistas galegos. O pazo alberga tamén un museo arqueolóxico, no que se expoñen pezas que van dende o ano 1500 o 600 antes de Cristo. Atópase situado así mesmo no Parque de Castrelos, verdadeiro pulmón da cidade. Está aberto Martes, Xoves e Venres de 10:00 a 13:30 h. e de 17:00 a 20:00 h., Mércores de 10:00 a 20:00, Sábados de 17:00 a 20:00, Domingos e Festivos de 10:00 a 13:30 h.

< Atrás

 
  Castellano | Galego | English | Portugues | Français