A Cidade | O Entorno | As Praias | O Porto | As Illas Cíes | As Festas    

O arquipélago das illas Cíes está formado por tres illas principais: a illa do Norte o de Monte Agudo, a illa do Monte Faro, o Centro e a illa Sur ou San Martiño, e outros pequenos illotes. A superficie total do parque natural protexido é de máis de 3000 hectáreas das que máis de 400 corresponden a área emerxida.

Este arquipélago, que se atopa situado na boca da Ría de Vigo a 15 quilómetros da cidade, foi declarado Parque Nacional Marítimo-Terrestre das illas Atlánticas de Galicia no ano 2002.

As Cíes gañaron o apelativo de "illas dos deuses" dende a antigüidade. E non debería estrañar que namorasen a todo aquel que as visitaba. Un clima cálido e unha escasa precipitación anual (aproximadamente a metade que en Vigo cidade) convértenas nun paraíso da vertente atlántica.

As illas non están habitadas polo que conservan a súa beleza natural. Pode facer sendeirismo polas rutas sinaladas polos seus bosques e montes con visitas a observatorios ornitolóxicos, faros marítimos, restos arqueolóxicos, miradoiros de beleza indescritible e nove praias de finísima area branca con augas cristalinas, unha delas reservada para o nudismo, e outras tantas calas perdidas.

 

- Como chegar ás illas Cíes:

Para ir ás illas Cíes debe coller un barco na Estación Marítima de Vigo. Saen barcos periodicamente tódolos días da semana de xuño ata o 14 de setembro, ademais de Semana Santa. Existe un cámping de 800 prazas para o que pode reservar praza na Estación Marítima. Pode obter máis información no teléfono: 986225272.

 

 

 

 
  Castellano | Galego | English | Portugues | Français