AS FESTAS, FEIRAS E ACTOS CULTURAIS SUCÉDENSE Ó LONGO DE TODO O ANO
En Vigo non te podes aburrir porque tes de todo: concertos, regatas, rallys, competicións hípicas, teatro, ciclos de cine, danza, ópera, festivais temáticos, festas gastronómicas, exhibicións aéreas , rapa das bestas , procesións, festas populares.
Os amantes do motor están de sorte pois poden asistir cada ano á famosa competición rally Rías Baixas . E por si isto fose pouco sempre poden visitar as últimas novidades do motor no Salón do Automóbil que se celebra no recinto feiral IFEVI.
O Concurso Hípico de Saltos Internacional (CSI), gaña cada ano máis adeptos. A existencia desta proba deportiva de gran beleza amosa a afección que existe na cidade pola hípica, afección que se remonta dende finais do século pasado.
Cada ano celébranse festas de gastronomía galega como a do polbo, sardiñas, empanada, cereixas, mexillón, pan de millo… e cada barrio invítanos as súas festas: Coia, Bouzas, Berbés, Teis, Beade…
CALENDARIO DE FESTAS GASTRONÓMICAS, POPULARES E RELIXIOSAS.
O 28 de Marzo celébrase a Representación da Reconquista no Casco Antigo de Vigo que rememora a loita dos vigueses contra as tropas francesas en 1809. Ten lugar na Praza da Constitución, situada no casco vello de Vigo.
Semana Santa e Pascua: 40 días despois do Entroido celébranse estas festas de carácter fundamentalmente relixioso. Entre os numerosos actos relixiosos destacan a triple procesión do Xoves Santo, e o Vía Crucis nocturno do Monte da Guía o Venres Santo.
2º domingo de Maio: Teatralización simbólica da chegada da Primavera na praza da Constitución. A primavera está representada por unha moza ataviada con adornos florais e acompañada por mulleres e nenas vestidas de branco. Segue >
|