A Cidade | O Entorno | As Praias | O Porto | As Illas Cíes | As Festas    

Dentro da primeira quincena de xuño celébrase a Festa da cereixa en Beade (Praza da Cultura) con venta e degustación de cereixas consideradas das mellores de Galicia.

O día 10 a procesión del Corpus Christi , o día 14 as festas de San Antón.

O 2º Domingo de xullo celébranse as Festas da Virxe do Carme no Berbés. Dise que son as máis antigas das que se celebran en Vigo. Son en honor a Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros e gozan dunha gran popularidade dada a tradición mariñeira de Vigo. É recomendable ver a procesión naval, na que participan miles de fieis en multitude de barcos.

O terceiro Domingo de xullo son as Festas de Bouzas . De más de 200 anos de antigüidade, teñen como eixe a Romaría do Santísimo Cristo dos Aflixidos . A Súa culminación é a famosa gran tirada de fogos artificiais, visible dende case todo Vigo.

O mes de Agosto é o mes grande das festas. É o mes das Festas do Cristo da Victoria (comezan a finais de Xullo). A imaxe deste Cristo foi traída por un mercante de sal no século XVII, por lo que tamén se lle chama "Cristo da Sal". Trala reconquista de Vigo en 1809, ó ser posta a poboación baixo o súa protección, pasouse a chamar Cristo da Victoria. A súa procesión é a que reúne a mais fieis e devotos, sendo a más tradicional da cidade. Da inicio á "Semana Grande de Vigo"

Os días 15 e 16 son as Festas de San Roque . Unha das Romarías máis populares e tradicionais de Vigo. Celébrase misa en veneración de este Santo na capela do seu nome, para logo celebrar unha popular romaría no patio dun pazo en ruínas. A festa destaca polo seu atractivo gastronómico, a súa animación, as atraccións da feira e os tradicionais fogos artificiais

Os días 18 ó 24: Romaría da Virxe da Alba en Valladares é o terceiro Domingo: Festa do Polbo en Valladares

O mes finaliza coa Festa do Pan de Millo en Cabral. Festa gastronómica cualificada de "interese turístico" pola Xunta de Galicia.

< Atrás

 
  Castellano | Galego | English | Portugues | Français