A Cidade | O Entorno | As Praias | O Porto | As Illas Cíes | As Festas    

MÁIS DE 40 PRAIAS E CALAS

Vigo ten no seu haber máis de 40 areais, entre praias e calas, de augas mansas e finísima area.

A máis concorrida e coñecida é a praia de Samil . Está equipada con piscinas para nenos, tobogáns, merendeiros, paseos, parques de recreo, un circuíto de automodelismo, pista de patinaxe, pistas deportivas. E todo tipo de servicios: Cruz Vermella, restaurantes, hamacas, … probablemente, unha das praias urbanas con mellores equipamentos de Europa.

Dende Samil, chegamos a O Vao , o segundo gran areal vigués, onde podes ver ondear a bandeira azul e se conserva parte do sistema natural de dunhas.

Enfronte a Vigo está o parque natural das Cíes , formado por tres illas.Ó ser parque natural protexido e estar despoboado, atoparemos praias virxes paradisíacas, algunhas moi pequenas e escondidas.


 

 Praia de Samil

 
  Castellano | Galego | English | Portugues | Français